Acerca de

                                                 

logo grande.jpg

Solidariedade contra a violencia de xénero no Concello de Ribadumia

CONTA COMIGO Ribadumia, forma a persoas voluntarias para poder constituir unha rede cidadá que se compromete persoal e socialmente contra os malos tratos dende unha perspectiva positiva, destacando o apoio e a solidariedade coas víctimas desta violencia.

O programa traballa para:

• Acadar que toda muller en circunstancias de malos tratos, ou risco de sufrilos, sinta que conta con apoio social.

• Favorecer a implicación da cidadanía na loita contra esta violencia e implementar medidas para o acompañamento e a solidariedade coas víctimas.

Este respaldo cidadán estará focalizado na muller ou home víctima deste tipo de violencia tanto parella heterosexual, colectivo lgtbi e/ou, tamén, os fillos/as e outras mulleres ou homes da familia.

Ampliamos a formación tamén para tratar agresións no ámbito público non vinculadas ao marco da parella, como poden ser: o acoso, as agresións sexuais , a violación, etc.

1.Obxectivo:

O programa “Conta Comigo Ribadumia” foi deseñado pola concellería de servizos sociais do Concello de Ribadumia.

Este programa ten como obxectivo formar a homes e mulleres que serán figura de referencia á que poidan acudir aquelas persoas que se atopen en situación de violencia de xénero.

Os/as acompañantes ou os puntos de seguridade servirán de apoio e ofrecerán información a todas as persoas que o precisen.

O programa será impartido a mulleres e homes.

Ata 20 homes e mulleres recibirán, de marzo a setembro, formación en materia de violencia de xénero con sesións teóricas que mostrarán toda a información sobre esta temática e o protocolo para poder derivar ou acompañar a unha persoa que sexa víctima deste tipo de violencia.

2. Formación:

Existen dúas figuras diferentes e dous tipos de formación :

logo Pto mediano

2.1  Puntos de seguridade:

Formación en materia contra violencia de xénero a propietarios/as de locais ou servizos que poidan ser puntos de seguridade no caso de ocorrer algún caso deste tipo de violencia.

Os locais ou servizos que se adhiran deberán asistir a unha formación específica sobre psicoloxía e serán informados de como derivar, informar e reaccionar ante diferentes situacións de violencia de xénero.

Os puntos de seguridade tras esta formación pasarán a ter un distintivo que os identifique como puntos de seguridade libre de violencia de xénero.

logo mediano

                REDE CIDADÁ CONTRA A VIOLENCIA

2.2 Acompañamento a víctimas de violencia de xénero:

Formación en materia de violencia de xénero, procedementos de acompañamento e protocolo de seguridade.

Os/as persoas acompañantes formarán un grupo que vai rotar no caso de solicitude de acompañamento a víctimas de violencia de xénero (acompañamento ao xulgado, acompañamento psicolóxico, acompañamento como reforzo no punto de encontro establecido para o intercambio de menores entre proxenitores, e calquera outra situación na que a víctima requira axuda veciñal).

Solicita info: contacomigoribadumia@gmail.com